La Toffana

Alquimista? Xusticeira? Psicópata? Bruxa? Ou todo xunto?

O último espectáculo de La Quintana Teatro.

Estreado no Festival Internacional de Almagro representando á Comunidade Galega. Fixo tempada no Teatro da Abadía de Madrid.

Gañador de 5 Premios Azahar das Artes Escénicas da Rexión de Murcia.

Coproducido polo CDG.

Sinopse

"La Toffana" é unha montaxe teatral inspirada na historia real de Giulia Toffana, unha controvertida muller que viviu a mediados do século XVII. Na Italia da época só había unha forma de liberarse dun matrimonio opresivo: enviuvar.

Giulia Toffana, chamada “a envelenadora de maridos”, decidiu axudar a outras mulleres con “matrimonios difíciles” a conseguir a súa liberdade. Creou un veleno indetectable: a “Aqua Toffana. Os “beneficios” da auga Toffana difundíronse rapidamente entre as mulleres. Giulia formou a súa filla e a súa axudante e creou unha rede de distribución que as levou ata a alta sociedade romana. Mantiveron o segredo durante anos ata que as delataron. Nai e filla foron xulgadas pola Inquisición en 1659 acusadas da morte de máis de 600 homes.

Ficha artística

Thriller xudicial – 95 min.

  • Texto: Vanessa Montfort
  • Dirección: María Herrero
  • Reparto: Victoria Teijeiro, Amaranta Munana, Aitor de Kintana y María Herrero
  • Asistente de dirección: Víctor Antona
  • Deseño de vestuario y escenografía: Karmen Abarca
  • Deseño de iluminación: Lola Barroso
  • Deseño de sonido: Irma Catalina Álvarez
  • Composición musical: María Herrero
  • Asesoría de movimiento: Olmo Hidalgo
  • Prensa: María Díaz
  • Deseño gráfico: Javier Naval
  • Dirección de produción: Evaristo Sánchez
  • Distribución: Victoria Teijeiro
  • Asesorías para documentación: Juan Carlos González, Kina Jaraices, Simone Trecca, Paolo Broggio, Óscar Gómez, Paula Zapatero y Helena Isla.

Unha produción de La Quintana Teatro, CDG, Proxecto Barroco, Flexión Teatro, TIDI: Teatro, Inversión, Desenvolvemento e Innovación e Vanessa Montfort.

Financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU. Con todo, os puntos de vista e as opinións expresadas son unicamente os do autor ou autores e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou a Comisión Europea. Nin a Unión Europea nin a Comisión Europea poden ser consideradas responsables das mesmas.