Os nosos inicios
La Quintana xorde do proxecto final de carreira da RESAD e dos autocursos da Escola de Mar Navarro.
Consolídase co seu primeiro espectáculo “Desde lo invisible” que fala do mundo da discapacidade intelectual e foi galardoado co Premio MAX ao espectáculo revelación 2008.
Desde entón temos estreado cinco espectáculos máis abordando temas como: a saúde mental, as drogodependencias, a muller ou a violencia de xénero.
A todos os que nos tedes acompañado, GRAZAS.
En La Quintana Teatro entendemos o teatro como un vehículo para contar historias.